Esta idea xurde dende a propia institución como desexo de compartir o noso facer diario e realizar unha apertura positiva ao noso entorno e á sociedade en xeneral. É unha iniciativa para menores e maiores e entre os seus obxectivos destaca:
• Axudar a crear unha conciencia social sobre a importancia da lectura.
• Aportar unha visión positiva das actuacións levadas a cabo polos Centros de Menores e máis concretamente polas Casas de Familia da Comunidade Galega.
• Impulsar o uso do verbo "COMPARTIR".
• Inculcar o respeto e o cuidado hacia os obxetos propiedade de todos.
A súa posta en marcha foi o 15 de Abril de 2011, día no que se puso en circulación pola cidade de Vigo:
Tamén podes participar nas iniciativas de sensibilización social promovidas pola entidade:
A Asociación de Iniciativa Social Berce, a través da campaña "COMPARTE A TUA VIDA" pretende proporcionar aos Menores atendidos nos centros unha maior calidade de vida a través da realización de "microproxectos" concretos e específicos que inciden directamente no benestar dos nenos na súa vida diaria.
A base do programa é o apadrinamento de prazas. Deste xeito se preserva a intimidade dos nenos e nenas residentes nos Centros.
O obxectivo é canalizar a axuda dos "padriños" de tal xeito que a repercusión da súa aportación chegue á realidade diaria dos nenos a través de melloras que lles afectan directamente.
¿A que se destinarán as aportacións do programa "COMPARTE A TUA VIDA"?
O obxectivo do presente programa é o de favorecer a convivencia entre os menores que residen no Centro, fomentar prácticas de vida saludable, tanto a nivel físico como intelectual e incentivar o bo uso do tempo de lecer dos menores.
As actividades programadas están dirixidas a todos aqueles menores que se atopen ingresados nos Centros de Atención a Menores Berce.
O obxectivo do presente programa en relación aos Menores é favorecer a relación coas súas familias (biolóxicas, adoptivas ou acolledoras), sempre que esta relación sexa positiva para o seu desenvolvemento persoal.
O obxectivoo do presente programa en relación á familias é capacitalas e dotalas das estratexias axeitadas para asumir a responsabilidade da educación dos seus fillos á vez, que se busca eliminar aquelas conductas de risco que no seu momento propiciaron a adopción de medidas de protección.
Este programa está dirixido a todos os menores adolescentes maiores de 16 anos que abandonaran a escolarización obrigatoria e que se atopen ingresados nos Centros de Atención a Menores Berce. Entre os obxectivos do presente programa se deben destacar:
Este Programa de "Preparación para a vida independente" ten como finalidade axudar aos adolescentes a integrarse na sociedade e capacitalos para que sexan capaces de desenvolverse de xeito autónomo mediante o correcto manexo das súas habilidades personais e sociais.
O procedemento alcanza a todos os menores adolescentes ingresados nos Centros Berce. Tenrán preferencia aqueles menores que por circunstancias alleas ao mesmo, unha vez cumprida a maioría de idade non se reincorporen a un núcleo familiar.
O obxectivo deste plan de xestión é establecer un marco de actuación capaz de atender á necesidades dos Centros Berce e aos usuarios dos mesmos (os Menores e as súas familias).
Este programa abarca dende a selección do persoal hasta a organización do traballo e a avaluación do proceso.
O obxectivo dopresente plan é o de asegurar a formación do persoal e poder así garantir a calidade na atención aos Usuarios.
Dende a Asociación de Iniciativa Social Berce se considera necesario o deseño dun Plan que inclua formación de carácter práctico vinculada á experiencia nas competencias básicas que se espera que cada Profesional posua para cumprir axeitadamento co seu traballo.
O obxectivo do presente procedemento é o de definir a sistemática a seguir polo persoal dos Centros de Protección de Menores Berce para garantir o acceso, proceso e consecución da formación, nos seus distintos graos e niveis aos Menores residentes en ditos Centros.
O programa acada a todas as actuacións de carácter educativo, técnico, de xestión de recursos, de índole organizativa, de carácter estructural e, en definitiva, de calqueira outra que afecte á dinámica interna dos Centros, destinadas a garantir o acceso aos distintos tipos de formación en todos os seus niveis dos Menores acollidos.
O obxectivo do presente procedemento é o de definir a sistemática a seguir polos Centros de Protección de Menores Berce para a prevención das posibles situacións de maltrato institucional que poidan xurdir e a xestión das mesmas.
O procedemento acada a todas as actuacións de carácter educativo, técnico, de xestión de recursos, de índole organizativa, de carácter estructural e, en definitiva, de calqueira outra que afecte á dinámica interna dos Centros, destinadas a evitar, mitigar ou compensar os efectos do maltrato institucional sobre os Menores acollidos nos Centros.
O obxectivo do presente plan é o de garantir os dereitos dos nenos e adolescentes a través de intervenciónes de calidade, é dicir, de actuacións educativas que respondan áas súas necesidades do xeito máis satisfactorio posible.
Este Plan de Mellora da Calidade contempla todo o Proxecto dos Centros Berce.
O obxectivo do presente programa é o de realizar un seguemento axeitado a aqueles Menores e Xóvenes que finalizan o seu proceso de institucionalización.
O procedemento acada a todos os Menores e Xóvenes que tiveran estado ingresados nos Centros Berce.