A Asociación de Iniciativa Social Berce persegue os seus obxectivos levando a cabo actividades en duas vertentes diferenciadas.
Por unha parte, mediante a coordinación de casas de acollida, desenvolvendo unha actividad profesional e especializada baseada en catro pilares:
Os criterios pedagózicos que guían o traballo e a intervención dos Equipos Educativos dos centros Berce, adaptáronse tras facer unha análise exhaustiva das necesidades e das situacións dos Menores que se atenden en ditos centros, e en base á experiencia acumulada dende o ano 1995 na prestación do servizo.
A atención é individualizada e persoalizada para cada un dos Menores; ofrecendo unha formación integral en coñecementos, destrezas e valores morais en todos os ámbitos da vida persoal, familiar, social e profesional.
Se atende integralmente ao Menor, contemplando todos os aspectos do seu desenvolvemento e sen facer parcializaciones da súa persoa.
En todo momento se tende hacia a normalización total da vida do Menor. Procurando que a súa realidade diaria non difira demasiado da vida dentro dunha familia.
Nos Centros Berce se procura que os Menores desenvolvan o sentido crítico, capacitándolles para tomar decisións máis libres e responsables, fundamentadas nunha serie de valores previamente inculcados.
Dende os Centros se educa para o logro da autonomía persoal e o pleno desenvolvemento da personalidade. Preparando aos Menores para a participación activa na vida social e cultural. Nos Centros se traballa para conseguir que as comunicacións sexan fluidas, favorecendo en todo momento a libre expresión das ideas e pensamentos, respetando sempre as mínimas normas de educación e respeto hacia as persoas e institucións.
Se inculcan unha serie de hábitos de comportamento e actitudes, co primordial obxectivo de acadar que os Menores se integren socialmente dun xeito pleno. Se marcan unhas normas de convivencia e de trato hacia os demáis que, sen coartar as liberdades, favorezan o respeto aos dereitos de todos e a positiva integración a nivel social.
Se traballa dende a idea da igualdade de dereitos respetando, en todo caso, a pluralidade lingüística, cultural e de confesión, así como a igualdade de xénero.
O ambiente que se disfruta nestas casas de familia é cordial e afable, cun interese predominante por acadar a comodidade dos Menores, tanto a nivel funcional como de relación, pondo especial énfase en cubrir o baleiro afectivo de ditos Menores: Ensinar a dar e recibir afecto.
Por outra parte, mediante a posta en marcha de campañas dirixidas á sociedade en xeneral, co obxetivo de sensibilizar e promover a participación solidaria.