CLINICA TORRES - VIGO (COLABORADOR) 5/10/2021 ler máis
BERCE RECIBE SUBVENCIÓN DE FONDOS FEDER DO FONDO SOCIAL EUROPEO 10/11/2020 ler máis
A ASOCIACIÓN
Quen somos
A Asociación de Iniciativa Social Berce foi fundada no ano 1.995, na cidade de Vigo por un grupo de voluntarios que compartían a mesma inquietude e sensibilidade polo benestar dos menores residentes nos centros de protección desta cidade. Este grupo de voluntarios se asoma á realidade da protección de menores dende a animación socio-cultural no tempo libre para, posteriormente, iniciarse a través da Asociación Berce no campo da atención profesional destos menores.
O obxectivo fundamental da Asociación, é potenciar e ofrecer todo tipo de actividades que favorezan o desenvolvemento integral do xoven, cunha atención preferente a nenos en réximen de Protección de Menores".
Dende a súa posta en marcha no ano 1995 a Asociación mantivo unha evolución constante en canto á calidade da atención prestada, apostando pola profesionalización do sector e por unha política de autoevaluación e revisión continua do seu proxecto educativo, con vistas a cumprir cos seguintes propósitos:
Acadar o pleno desenvolvemento da personalidade dos Menores e Xóvenes.
Facilitar a integración social do Menor e do Xoven.
Promover e apoiar iniciativas que axuden ao Menor e ao Xoven e o capaciten para desenvolverse, dun xeito libre e independente, na vida social, tanto a nivel formativo como laboral.
Preparar aos Menores e Xóvenes para que desenvolvan unha participación activa, na vida social e cultural.
Crear e formar lazos afectivos entre os Menores e Xóvenes e as súas familias, sempre que sexa beneficioso para os mesmos.
Fomentar, a través da convivencia, actitudes que contribuan a crear unhas relacións positivas dentro do grupo.
Contribuir a que os Menores e os Xóvenes teñan unha vivencia positiva do tiempo libre.
Potenciar nos Menores e Xóvenes actitudes de servizo, solidariedade e responsabilidade.
Fomentar as relacións interpersonais entre o Educador e oMenor e/ou o Xoven, co fin de potenciar os aspectos positivos da persoa, a través do diálogo e do seguimento persoal.
Levar a cabo proxectos de formación específica para os Educadores.
Manter relacións con outros colectivos e centros que traballen con Menores e Xóvenes, e participar en proxectos comúns.
Realizar unha evaluación contínua e exhaustiva ao longo de todo o proceso formativo do Menor e do Xoven.
O Grupo humano que desenvolve a súa labor nos proxectos da Asociación de Iniciativa Social Berce está formado por profesionais cualificados que ofrecen unha atención especializada aos nenos dentro dun organigrama que estructura as súas responsabilidades do seguinte xeito:
Equipo Coordinador
Coordinador Xeral e presidente da Entidade.
Pedagoga e responsable do departamento de RRHH.
Educador Social responsable de coordinación de dinámicas educativas dos Centros.
Equipos Educativos dos Centros
Cada Centro conta cun Equipo Educativo integrado por:
Director/a: Reponsable directo da xestión xeral do Centro, tanto a nivel educativo como de mantemento e organización do recurso.
Educadores: Responsables de levar á práctica o proxecto educativo individualizado de cada un dos Menores, atendendo todas e cada unha das súas necesidades.
Persoal Auxiliar Educativo: Responsable da atención aos Menores residentes nos Centros no horario nocturno.
ASOCIACIÓN DE INICIATIVA SOCIAL BERCE
Avda. Castelao, 65 - ático 36209 Vigo - Pontevedra
Tel.: 986240517 Fax: 886133112
e-mail: info@asociacionberce.org